mércores, 11 de xuño de 2025

LECTURA & FAMILIAS: unha oportunidade para compartir

O programa Lectura & familias do Plan LIA é unha boa oportunidade para compartir o lido, investigado e creado cos seus seres queridos! E onte, foi o día!

Baixo ás indicacións das profesoras Carme Moure (Departamento de Galego), Sagrario Torrado (Departamento de Alemán) e María José Nieto (Departamento de Francés), o alumnado de 1º ESO, 2º ESO, 4º ESO e 1º BAC realizou uns proxectos en torno á tradición oral despois de investigar e ler algunhas obras específicas e, a parte de compartilos a través de podcasts, representaron o seu traballo na Biblioteca, diante das súas familias.




xoves, 6 de marzo de 2025

Manuel concedeu unha entrevista

 Moitas persoas cren que non ten voz e non pode comunicarse. Porén, grazas á tecnoloxía e aos micros de RadioClic!, Manuel demostrounos que non hai que lles facer caso aos prexuízos e compartiu connosco a súa afección polos cantos de taberna e mais unha canción que interpreta con seus pais e co grupo ao cal acode todas as semanas.


Os seus compañeiros de bac 1º axudárono a facer a entrevista baixo a batuta dos profesores Lucía López e Raúl Trabazo.




mércores, 15 de xaneiro de 2025

Gastronomía literaria

Tras a lectura de Cociña celta e o pote máxico de Jean Markale, o club de lectura A Coviña Céltica meteu no forno todo o que aprendeu, e fixo nos dous recreos do 15 de xaneiro unha demostración de repostaría celta, que tivo un grande éxito entre o alumnado e o profesorado.

A recadación vaise destinar á excursión de fin de curso do club de lectura.